Sesión especial
Planeta GZ 2
2 Jul
18:00
Teatro Principal TICKETS
Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega.

A voz de todas as cousas

A voz de todas as cousas

 )

2025
Dani Pérez
0:20:00
DOC

Poderiamos escoitar a canción do noso primeiro amor sen lembrar o lugar? Catro músicos de jazz tocan nun club da cidade. Comunícanse entre miradas e silencios. Case non queda ninguén polas rúas, circulan os últimos autobuses da noite, as tendas están a pechar, escóitanse os camións do lixo, as ondas do mar baten con forza contra as rochas e a luz do faro aparece e desaparece na auga. Coma se fose a fin do mundo. Ao día seguinte pola mañá, os sons brillarán á luz do día.

Historia dunha bicicleta (sen aire nas rodas e chea de po)

Historia dunha bicicleta (sen aire nas rodas e chea de po)

 )

2025
Xoán Fernández Diz
0:22:49
FIC

Unha rapaza decide limpar a súa vella bicicleta e dar un paseo xunto ao mar. Confía en que isto fará que se sinta mellor.

Rachar en dous

Rachar en dous

 )

2026
Area Erina
0:03:27
EXP

Rachar en dous nace dun estado interno íntimo e reflexivo. Xorde nun momento de inflexión vital marcado pola dúbida e a incerteza, nunha especie de suave aceptación que finalmente se converte nun acto de rebeldía contra o proceso mesmo da creación, manifestándose na propia materialidade do filme. Nese tránsito, un corpo feminino entra en diálogo cos diversos lugares e paisaxes de San Sadurniño. O xesto corporal aparece como un xeito de exploración sensible; un movemento que acolle a contemplación, a nostalxia, a busca nunha clase de baile ou danza coa contorna. A danza ou o xesto performativo funcionan como unha mediación entre interioridade e territorio, entre intimidade e espacialidade. Non é tanto unha representación como unha escoita: da paisaxe, do tempo interior, e das preguntas que atravesan o corpo.

Ás apalpadelas

Ás apalpadelas

 )

2025
Cristina Souto Pita
0:11:30
EXP

Entrelaza a narración histórica da construción do encoro da Capela co relato persoal de Eladio, un obreiro que perdeu a vista nun accidente durante a súa construción. A súa voz serve como eixo central da obra, guiando o espectador a través dunha montaxe de diferentes capas de reflexión extraídas de material de arquivo.

A pena

A pena

 )

2026
Iria Silvosa
0:13:00
EXP

Cámara na man, saio á procura de “a Pena”, palabra galega que nomea tanto unha rocha grande e prominente como un sentimento de dor ou angustia. Dende a mirada de quen tenta nomear o mundo por primeira vez, articúlase este caderno de notas audiovisual que explora algunhas das formacións rochosas máis singulares da paisaxe na que medrei, na comarca da Terra Chá.

Broom Broom Follar

Broom Broom Follar

 )

2026
Sohu
0:08:43
DOC
Estreno en Galicia

BROOM BROOM FOLLAR é unha das lendas urbanas máis famosas de Vigo. Dous adolescentes morreron co seu ciclomotor facendo o que máis lles gustaba: foder mentres circulaban a toda velocidade pola estrada. Agora as súas pantasmas percorren a ría de Vigo, fodendo pola estrada co ruxir do motor da súa moto.