Sesión especial
Cineclube de Compostela
2 Jul
22:00
Teatro Principal TICKETS
Nesta edición 2026 continuamos coa nosa sección en colaboración co Cineclube de Compostela.

Chega de saudade

O Cineclube de Compostela e Curtocircuito retoman nesta edición a súa colaboración habitual dos últimos anos dedicada a repasar e redescubrir a historia do cinema do noso país. Nesta ocasión, o programa versará sobre unha serie de filmes de cineastas de orixe galega que teñen como fío condutor o feito de estaren rodados fóra de Galicia. Na sesión, que leva por nome "Chega de saudade", proxectaranse varias curtametraxes rodadas entre as décadas dos 40 e os 80 que buscan dar unha panorámica completa ao tan manido asunto da morriña e a emigración, tratando de dar unha panorámica máis completa, que pretende fuxir de lugares comúns e dar unha perspectiva transversal ao tema.

Así, amosaranse as obras dunha serie de cineastas profesionais e do cinema amador que, por motivos políticos, laborais ou familiares, no momento da rodaxe destes filmes se atopaban fóra do país. Filmes experimentais, documentais, de ficción ou ensaísticos que rexistraron a vida en diferentes localizacións de Europa, Norteamérica, Suramérica e o sur de España. Dende os filmes de animación do San Francisco psicodélico de Víctor Moscoso ata o retrato do barrio neoiorquino do Bowery da cineasta amadora Tini de Andrés, pasando polos rexistros da emigración arxentina de Eligio González, os documentarios mexicanos de Demetrio Bilbatúa, os problemas laborais na emigración retratados no cinema militante de Carlos Asorey e as dinámicas do retorno na obra de Cruz Risco.

The fine art of Goofin' Off, Chris Koch, Víctor Moscoso, 1972

Shorten the handler, Chris Bloom, Víctor Moscoso, David Carballal, 1979

Kamel FM, Corney Cole, Víctor Moscoso, 1977

Fiesta en el centro orensano, Eligio González, 1943

La tiranía del ruido, Demetrio Bilbatúa, 1970

Bowery, NY, Tini de Andrés, 1973

Villa Los Ángeles, Cruz Risco, 1980