Sesión especial
Terra | Tono Mejuto
2 Jul
19:00
NUMAX TICKETS
Dentro de Terra —a sección non competitiva de Curtocircuíto dedicada a cineastas e artistas visuais de Galicia cunha obra xa consistente e persoal—, o festival propón unha charla-percorrido con Tono Mejuto. O núcleo da actividade ten como obxectivo explorar o seu perfil marcadamente híbrido e a súa investigación sobre os modos de habitar o territorio.

Reliefs

2018
Tono Mejuto

Reliefs é unha película estereoscópica en tres capítulos arredor da cidade de Toronto. Filmada en 16 mm a modo de sinfonía da cidade e no marco da Residencia Artística Internacional de Creación Cinematográfica BAICC, propón un percorrido en tres niveis por esta cidade ao longo de varios días de inverno. Afastada da imaxe en 3D á que estamos afeitos, Reliefs achéganos a aquela experiencia iniciática do visor estereoscópico e ás súas postais da cidade. 

Santa Clara. Nacimiento en tres fases

Santa Clara. Nascimento em três fases

 )

2024
Tono Mejuto, Arturo Franco

Esta es una historia sobre la vida de un Monasterio. El paso del tiempo y las acciones sufridas en el lugar han dejado una profunda huella en el edificio y en su entorno. Las llagas del pasado invitan a reflexionar sobre las heridas del tiempo.

Unidade veciñal

Unidad vecinal

 )

2019
Tono Mejuto

Unidade veciñal narra a vida nun edificio de vivendas sociais da Coruña a través do percorrido vertical pola súa sección. Filmada en 16 mm, o filme percorre consecutivamente os espazos e os salóns dun grupo de vivendas deste bloque do Barrio das Flores, proxectado polo arquitecto J. A. Corrales nos anos 60 e que máis tarde recibiu o Premio Nacional de Arquitectura.

Quiasma

Quiasma

 )

2017
Tono Mejuto

Quiasma é unha peza de cine-danza que recolle o proceso de investigación e creación coreográfica de Javier Martín para a súa obra la exforma. Filmada no Teatro Colón da Coruña en celuloide branco e negro de 16 mm, Quiasma indaga nos cruces entre as artes vivas e as artes visuais nun ámbito de investigación colectiva arredor das artes en movemento.