Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, continúa sendo un lugar para a confluencia de distintas disciplinas, mantendo como eixo principal o cine de autor e a aposta polas linguaxes contemporáneas. Cada edición persegue, a través desa interdisciplinariedad, a adhesión entre cidade, público e creadores.
Este 2026, o festival organiza de novo, co apoio de Cafés Candeas, esta proposta que pon o foco na intersección das diferentes artes visuais a través dunha residencia artística que acollerá aos fotógrafos Ricardo Cases e Manuela Lorente nun proxecto centrado en reivindicar unha imaxe de Santiago de Compostela que contraste coas tradicionais representacións da cidade.
Obxectivo da residencia
Ante unha situación de cambio marcada pola explotación turística nos tempos dunha crise sanitaria, esta residencia artística busca dotar á cidade de imaxes que descubran as orixes dun centro histórico sepulto nunha avalancha dixital de fotos tópicas e superficiais.

Nacido en Orihuela en 1971, vive e traballa en Torrent, Valencia. Licenciado en Periodismo pola Universidad do País Vasco. No 2006 entra a formar parte do colectivo de fotografía Blank Paper. No 2009 poneen marcha Fiesta Ediciones, unha editorial especializada en libros de fotografía. Entre outros libros publicou Los Tamarindos de La Concha (Dalpine-Kutxa Fundazioa, 2024), TOT (Dalpine-Torch Press, 2022), Estudio elemental del Levante (Dalpine-Torch Press-The Ice Plant, 2020), El Porqué de las naranjas (Mack Books, 2014) ou Paloma al aire (Photovision-Schaden-Dewi Lewis, 2011). O seu traballo Estudio elemental del Levante expúxose na sala Canal Isabel II en 2018 e no Musée Nicéphore Niépce (Chalon-sur-Saône, Francia) en 2019. En 2017 recibiu o Premio Cultura Comunidad de Madrid.

Graduada no Máster Internacional de Fotografía e Xestión de Proxectos en EFTI, onde recibiu o Premio Futuro Al Betrayal. Licenciada en Grao Superior de Arquitectura.
No seu traballo persoal está inmersa na narración de historias a través da fotografía documental. Nelas mestúranse realidade e ficción, e entran en xogo o costumismo, a cultura popular, as relacións persoais, a tradición e a identidade da cidade de Madrid. Son as imaxes xa tomadas as que inspiran posteriormente os relatos, empregando a excentricidade e a picaresca como fío condutor.
En 2021, publicou Él pone la música, nosotros bailamos e, en 2022, ¿Y a esta rata quién la mata?, ambos xunto coa editorial Dalpine.
O seu traballo expúxose en espazos e festivais como Circulation(s) 2025, PHotoESPAÑA 2025, Les Boutographies 2025, Festival Mirades 2025, Getxophoto 2024, PHotoESPAÑA 2024, Encontros da Imagen 2024, Rencontres d’Arles 2023 en “La noche del año”, Festival Imaginaria 2023, Sala El Águila 2023, PhotoAlicante 2023, AFF Galerie ou Sala Amós Salvador.
