Adela, unha muller cun trastorno mental sen diagnosticar, busca alivio en rituais populares. Incomprendida pola súa familia e por un sistema médico que ofrece a medicación como único remedio, vive convencida de que alguén —ou algo— a observa. Ás veces sente a súa presenza: tócaa, máncaa e déixaa prostrada na cama durante días. O único consolo que atopa está na relixión, o que a leva a visitar unha curandeira e a confesar a perturbadora orixe do seu sufrimento.
Galicia, anos cincuenta. Terra e tempo de pobres onde mandan os homes. Concha comeza o día coa súa amiga Ramona mentres aínda é de noite. Os seus maridos están durmindo. Van ao río lavar o polbo. Son polbeiras. É hora de xantar na romaría. As polbeiras venden e cortan o polbo a un ritmo de cen ventosas por segundo coas súas tesoiras afiadas. Concha ten un problema e está soa; o seu home anda por aí. A axuda das súas compañeiras mingua o dano. Concha precisa saber a causa. Isto non pode acontecer máis.
En xullo de 1974, España móvese cara a un cambio político imprevisible. Carmen tamén cambia: de estado civil. Dunha vida pegada á figura paterna á vida pegada ao seu marido
Un nahual emerxe en forma animal para nos advertir: a terra de Iucatán está a ser danada e profanada. Mentres avanza o megaproxecto do Tren Maya, Falú confronta a súa identidade e o seu sentido de pertenza, atrapado entre a preservación das súas raíces e as forzas que ameazan con borralas.
Moncho leva anos vivindo e traballando nunha pequena aldea da Galicia rural. A súa paz interior vese perturbada coa chegada de Pardavila, un veciño boíño cara ao que sente un odio irracional. Determinado a converterlle a vida nun inferno, Moncho observa atónito como todos os seus intentos de facelo infeliz fracasan. Concibe, entón, un plan retorto: un crime perfecto do que ninguén poderá culpalo nunca e do que nin sequera el mesmo se poderá avergoñar.