Sesión especial
Cosmos nace no 2023 para romper as barreiras entre xéneros e a procedencia das películas, poñendo a dialogar o cinema narrativo máis arriscado coas propostas de vangarda. A diversidade cultural e outros retos da nosa sociedade terán un espazo para a visibilización e a reflexión.

like moths to light

like moths to light

 )

2026
Gala Hernández
0:26:28
DOC
Estreno en Galicia

Unha muller fálanos desde o interior dunha máquina que rexistra a súa actividade cerebral. Descríbenos un labirinto mental que combina un antigo parque de atraccións chamado Dreamland, fotografías de soños do século XIX, experimentos contemporáneos de descodificación mental mediante IA e Prophetic, unha empresa emerxente cuxo obxectivo é controlar os soños. Pero que ven os nosos soños cando nos miran? like moths to light é unha reflexión sobre o futuro dos nosos mundos oníricos na era do neurocapitalismo.

Singing of the Evening Stars

Singing of the Evening Stars

 )

2026
Iris Sang
0:21:00
EXP, DOC
Estreno en Galicia

Unha noite, no centro de Los Ángeles, un home escoita o canto dun cuco que lle lembra a súa infancia. Na procura da orixe dese son esquivo, adéntrase nun soño no que os cantos de aves desaparecidas lle revelan aquilo que hai tempo se perdera e quedara soterrado tanto na terra como no seu propio interior.

Vegetare

Vegetare

 )

2026
Adrià Expòsit-Goy
0:14:13
DOC

Unha faia que padece unha estraña forma de anorexia escribe un diario na súa propia cortiza. Nun mundo convulso polo colapso climático, o seu fráxil corpo convértese nun espello da nosa loita por adaptarnos.

où la nuit tombe un bruit sourd

où la nuit tombe un bruit sourd

 )

2025
Sophie Watzlawik
0:07:49
EXP

où la nuit tombe un bruit sourd explora os detalles máis sutís das texturas, dos seres e dos fenómenos naturais; unha ollada ociosa impregnada a partes iguais de dor, ansiedade e serenidade, que ás veces treme coma se se atopase nun estado de estremecemento existencial. Ao mesmo tempo, traza un sutil paralelismo entre a materialidade da natureza e a do cinema, evocando unha sensación de gravidade fronte á angustia ecolóxica e á inquedanza dixital, sustentada por pensamentos poéticos fugaces e crus que encapsulan a súa sensación de pavor ante un mundo que avanza por unha senda profundamente imprevisible.