Sesión especial
Cosmos nace no 2023 para romper as barreiras entre xéneros e a procedencia das películas, poñendo a dialogar o cinema narrativo máis arriscado coas propostas de vangarda. A diversidade cultural e outros retos da nosa sociedade terán un espazo para a visibilización e a reflexión.

When the Geese Flew

When the geese flew

 )

2025
Arthur Gay
0:19:02
FIC
Estreno en Galicia

Cyrus, un adolescente de 15 anos resiliente, traballa no taller mecánico do seu pai —unha persoa emocionalmente distante— e cústalle aceptar a inminente marcha da súa irmá maior, Sammy, a única fonte de apoio emocional na súa vida. Cando ve a vella moto de cross roubada de Sammy, decide recuperala, coa esperanza de que iso poida manter vivo o vínculo que os une.

Dios é tímido

Dieu est timide

 )

2025
Jocelyn Charles
0:15:34
ANI
Estreno en Galicia

Durante unha viaxe en tren, Ariel e Paul pasan o tempo debuxando os seus medos máis profundos. O seu xogo dá un xiro inesperado cando Gilda, unha misteriosa pasaxeira, se entremete na súa conversa. Porén, a súa relación co medo parece moito menos inocente ca os divertidos debuxos deles.

Abortion Party

Abortion Party

 )

2025
Julia Mellen
0:13:00
ANI, DOC
Estreno en Galicia

Despois de reunir o diñeiro necesario para se pagar un aborto tras quedar embarazada do seu mozo polaco, estudante de intercambio, a directora decide celebralo cunha festa á que acoden o seu veciño, un músico de ska xeriátrico; uns antigos membros dunha banda, agora semixubilados; o seu sucio compañeiro de piso gay; e as sempre presentes couzas.

Buitres

Vultures

 )

2025
Dian Weys
0:15:00
FIC

Nos momentos de gran tensión tras un accidente de tráfico, antes de que cheguen as autoridades, un condutor de guindastre impulsivo pero desesperado defende con uñas e dentes o vehículo que está a remolcar. Mais a situación escápaselle axiña das mans.