Presentamos a imaxe gráfica da nosa 23 edición! A proposta parte da pantalla contemporánea como unha placa Petri, un espazo de acumulación de residuos visuais onde as imaxes mutan e proliferan.
Fronte á estética limpa prometida polos algoritmos, a nova identidade reivindica o erro, a contaminación e as marxes como espazos de resistencia cultural. A través de cores fluorescentes e referencias aos fungos como redes subterráneas de conexión, a imaxe dialoga coa enerxía do verán e coa idea do festival como lugar de encontro colectivo.
