Moitas grazas por encher as prazas e as rúas!

Noticias
7/6/2025

Poñemos fin a unha semana de cinema, música, encontros e sesións especiais. Esta edición era moi especial, un cambio de rumbo, e decidimos facela co corazón. Grazas por acompañarnos, por chear os novos espazos e por crer nun Curtocircuíto que muda pero mantén o seu espírito.

Palmarés:

  • Premio Cosmos á mellor película: Quando a terra foge, de Frederico Lobo
  • Mención especial: The man who could not remain silent, de Nebojša Slijepcevic
  • Premio Cosmos á película máis innovadora: Portales, de Elena Duque
  • Premio Supernova: Pupa, de Antía Carreira
  • Mención especial: Delirio Sketchs, de Bea Saiáns
  • Premio Planeta GZ: Furada negra, de Berio Molina
  • Premio do Xurado Novo: Portales, de Elena Duque
  • Mención especial: El cuento de una noche de verano, de María Herrera
  • Premio do público: El cuento de una noche de verano, de María Herrera

Stay tuned