Cosmos reúne unha programación internacional con 21 filmes de 16 países

Noticias
6/23/2026

Presentamos obras chegadas de Nova Zelandia, Irán, China, Estonia, Sudáfrica, Estados Unidos, Suíza, Alemaña, Austria, Francia, Bélxica ou Macedonia do Norte de creadoras como creadores como Dorian Jespers, Julia Mellen, Bill Morrison, Helena Wittmann ou Mohammadreza Farzad entre outros.

Do íntimo ao político, o cinema que define o noso tempo

Reunimos unha selección de ficción, documental, animación e obras híbridas que compoñen un mapa plural da creación contemporánea. Dos 21 filmes que forman a sección Cosmos, 9 serán estreas en España e 12 estreas en Galicia. Entre os títulos destacados figuran When the Geese Flew, unha historia sobre os vínculos familiares e a adolescencia; 1:10, unha reflexión sobre os mecanismos da violencia e a tensión social; Spray and Pray, centrada nas novas economías da desinformación dixital; Vultures de Dian Weysou, unha tensa inmersión nos instantes posteriores a un accidente de tráfico, onde a desesperación e a violencia ameazan con desbordarse, ou Singing of the Evening Stars, unha experiencia sensorial que conecta territorio e memoria.

O programa inclúe tamén propostas máis experimentais, herdeiras do espírito da histórica sección Explora, e unha destacada presenza do cinema estatal con obras de Christian Avilés, Adrià Expòsit-Goy, Julia Mellen e Gala Hernández.

A diversidade de miradas é outro dos sinais de identidade da sección: o 53% das obras están dirixidas por mulleres. Cineastas como Julia Mellen, Iris Sang, Veneta Androva, Vika Kirchenbauer, Gala Hernández, Helena Wittmann, Sophie Watzlawik, Tina Frank ou Karin Fisslthaler abordan cuestións centrais do presente como a memoria, a identidade, a transformación social ou as posibilidades expresivas da propia imaxe cinematográfica. 

1:10 de Sinan Taner. 2024 - Suíza.

A Flock of Rotations de Jung An Tagen. 2025 - Austria.

A Thousand Waves Away de Helena Wittmann. 2025 - Alemaña.

Abortion Party de Julia Mellen. 2025 - España.

As I Lay Dying de Mohammadreza Farzad e Pegah Ahangarani. 2026 - Irán.

DATNA ÉCLAT de Tina Frank. 2025 - Austria.

Deus é tímido de Jocelyn Charles. 2025 - Francia.

like moths to light de Gala Hernández. 2026 - España, Francia, Italia.

Loynes de Dorian Jespers. 2025 - Bélxica, Francia, Macedonia del Norte, Reino Unido.

où la nuit tombe un bruit sourd de Sophie Watzlawik. 2025 - Alemaña, Austria.

Sawyer Avenue, Sunday Afternoon de Bill Morrison. 2026 - Estados Unidos.

Sie puppt mit Puppen de Karin Fisslthaler. 2025 - Austria.

Singing of the Evening Stars de Iris Sang. 2026 - Estados Unidos, China, Estonia.

Spray and Pray de Veneta Androva. 2026 - Alemaña, Bulgaria.

Stallion y la bola de cristal de Christian Avilés. 2026 - España.

The Tragic Movement of the Spheres de Simon Rieth. 2026 - Francia.

This Arrow Points de Siegfried A. Fruhauf. 2025 - Austria.

This Suffocating Now de Vika Kirchenbauer. 2026 - Alemaña.

Vegetare de Adrià Expòsit-Goy. 2026 - España.

Vultures de Dian Weys. 2025 - Sudáfrica, Francia.

When the Geese Flew de Arthur Gay. 2025 - Nova Zelanda.

Presentamos ao noso xurado

O xurado oficial estará composto pola cineasta Jaione Camborda, o escritor Ismael Ramos e o cineasta, fotógrafo e arquitecto Tono Mejuto. O xurado Galiza reunirá ao tamén cineasta Iván Castiñeiras, ao montador e músico Marcos Flórez e á actriz e cineasta Carmen Méndez. Pola súa banda, o Xurado Novo estará integrado por Valentina Unda, Miguel González, Carlota Álvarez, Juan Arca e Andrea Mariño, reforzando a presenza de novas voces na valoración da programación do festival.

Stay tuned